C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

venres, 28 de marzo de 2014

Dime que fixeches!!

Hoxe os rapaces de 1ºB cantáronnos unha canción para animar a Biblioteca .Que tal lles quedou?Gústavos?


martes, 25 de marzo de 2014

Unha de piratas

Entre adiviñas, poemas e cancións de piratas andan estes días os nenos de 4 anos, así no lo amosaron na biblioteca. Mirade que ben o fixeron...




sábado, 22 de marzo de 2014

Recomendacións

Xa fúchedes  ver a exposición de pintura? Gustouvos? Pois animádevos a vir pola biblioteca e ler máis sobre o tema, aquí vos deixamos algún dos libros de arte que temos!



 Coñecer o ARTE

                                                       


venres, 21 de marzo de 2014

Podedes ler.....

Queredes ler e non sabedes que libro escoller? Pois Anxo, Andrea e Tania, Natalii e Marta e Maimouna téñeno moi claro...





Exposición Pintura

E como xa vos anunciamos fai uns días, hoxe, inauguramos no 1º andel do Colexio, a primeira exposición de pintura.
Nesta ocasión os autores son os rapaces e rapazas de 2ºde EP. Os seus traballos baséanse na obra de TORRES GARCÍA E JOAN MIRÓ.

GALERÍA DE ARTE by Slidely Slideshow

ACRÓSTICOS

Hoxe tocáballes aos rapaces e rapazas de 2ºA facer á animación á lectura na Biblioteca e aproveitando que hoxe era o Día Mundial da Poesía recitáronnos uns acrósticos feitos cos seus nomes.


                               

Que fermosos versos!

Seguro que vos apetece ler un pouquiño, pois hoxe é o Día Mundial da POESIA, acercádevos pola Biblioteca e animádevos a levar un libro! 





El Caballito, de 2ºA

Os  rapaces de 2ºA tamén se animaron a publicar o seu propio periódico, lede as súas noticias!




PERIÓDICO 2º by Slidely Slideshow

Europa escribe versos


Este trimestre no Proxecto Comenius estivemos a traballar  a poesía en Europa. Cada curso traballou sobre un país e un autor. Buscamos información sobre o autor e a súa obra e fixemos un traballiño con toda a información que atopamos. Mirade que chulo o resultado final!!!!!!!!!!



Viaxe por Europa by Slidely Slideshow

xoves, 20 de marzo de 2014

Atención por favor!... din os rapaces de 1ºB

Pasade, pasade, vide a ver actuación na Biblioteca dos rapaces de 1ºB





Animádevos a comentarnos que vos parece!

mércores, 19 de marzo de 2014

domingo, 16 de marzo de 2014

Novas Tecnoloxías

Todos sabemos o importantes que son as Novas Tecnoloxías hoxe en día. Por este motivo incorporamos ao noso fondo na Biblioteca un par de contos sobre o tema para traballar cos pequeniños de Educación Infantil e o 1º Ciclo.

xoves, 13 de marzo de 2014

Extra , Extra!!!!!!!!!!!

Os nosos periodistas de 3ºB traennos mais noticias!!!!!!!!!!! 



                                                    

Podedes ler....

Parece que os rapaces estanse a animar a facer recomendacións de libros en galego!
Recordámosvos que para facelo tedes que falar coa profe Lucía , de 1ºB.
Aquí temos as de Brais e Martín





mércores, 12 de marzo de 2014

Roald Dahl

Os rapaces e rapazas de 6º adicaron a súa actuación do Mércores  a un dos autores que traballamos este trimestre no Proxecto Comenius, Roal Dahl.


martes, 11 de marzo de 2014

Seguen as recomendacións

Hugo e Claudia tamén se animaron a facer recomendacións. Aquí volas deixamos









Nina Buena, Nina Mala. 5ºB


Tódolos mércores , os nenos e nenas do 2º e 3º Ciclo , xúntanse na Biblioteca para levar a cabo actividades de animación á lectura.
Aquí está 5ºB con NINA BUENA, NINA MALA.







Recomendacións

Tedes ganas de ler e non sabedes que libro? Pois botádelle unha ollada aos que nos recomendan Alicia, Natali  e Tania 



 



As Fragas de Sisalde 1ºB

E aqui veñen os peques de 1ºB coa súa actuación !




luns, 10 de marzo de 2014

O noticieiro de 4º

Na Semana da prensa, os alumnos de 4º fixeron o seu propio xornal, con representación incluída na biblioteca. A verdade é que o fixeron xenial, por iso queremos felicitalos e animalos a que sigan expoñendo as creacións de todos e cada un deles. ¡¡Parabéns!!

Concurso: "Crea a Leroucho"


Debuxa a Leroucho!!!!!!!
Mañá dará comezo o concurso para elixir o debuxo que represente a Leroucho, a nosa mascota. Tedes de prazo ata o 7 de abril. As bases serán as seguintes:
1. Tamaño: unha cuartilla.
2. Debuxo libre do moucho Leroucho.
3. Decórao con ceras, rotuladores,témpera, acuarela, etc.
4. Entrégao ao titor ou titora.

Mans á obra. Sorte!!


1º Exposición de pintura

Próximamente.....


venres, 7 de marzo de 2014

Poesía de EI 3 anos

Como xa sabedes, todos os venres temos unha actuación na biblioteca.
 Cada día vai unha clase ou  ben de EI  ou  ben do 1ºCICLO.
Mirade para os nosos pequeniños de 3 anos que ben o fixeron!


Festexamos o Entroido

O pasado venres tivo lugar a celebración do Entroido. A temática deste ano centrouse nos estilos musicais e, con ela, o cole amenceu cheo de punkies, roqueir@s e mexican@s.
Desfilamos...
Sacamos fotos de grupo, para que vexades o guap@s que estabamos...













e por se non fose pouco degustamos orellas, rosquillas, filloas,...e todo acompañado dun chocolate quentiño... como nos puxemos!! e que ben o pasamos!!

viva o entroido!!
P.D. e vos que opinades? cal ou cales foron os que máis vos gustaron? agardamos os vosos comentarios


xoves, 6 de marzo de 2014

8 de Marzo Día da Muller. Recursos



Como xa sabedes o día 8 de marzo celébrase o día internacional da muller,  deixámosvos aquí uns enlaces que vos poden resultar interesantes para poder traballar este día.
Encontraredes a historia das mulleres, fichas para traballar a igualdade e tamén poesías relacionadas co tema.
Esperamos que vos resulten de utilidade!

mércores, 5 de marzo de 2014

Audioteca

Este ano creamos un pequeno espacio na biblioteca para libros con audio, podedes vir no recreo e escoitalos! Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que temos!




luns, 3 de marzo de 2014

Calendario

En Nadal fixemos un calendario entre todos. Primeiro en cada curso eleximos un conto, logo fixemos un debuxo ou manualidade que o representaba e este foi o resultado. Xa nos contaredes!

Recomendacións de lectura

No Entroido non todo vai ser disfraces e filloas, aproveitade tamén para ler. Aquí vos deixamos as nosas recomendacións para estas datas!