C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

mércores, 30 de abril de 2014

Navegando entre piratas

As nenas e nenos de 1º convertíronse en piratas por un día na biblioteca de Arteixo. Distribuíronse en grupos e, coa axuda dun mapa, buscaron pistas e pasaron probas (laberintos, sopas de letras, puzzles,...) que os levou á "Chave do tesouro" (un marcapáxinas), xa que os tesouros son os libros.
Para rematar a actividade  tiveron que adiviñar, entre os piratas expostos nun taboleiro, cales foron reais e cales de ficción.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o fixeron...

Presentación Polonia

En abril as profes  Leticia, Ángela e Loli viaxaron a Polonia a coñecer o colexio dun dos nosos socios no Progama COMENIUS.
Ao voltar ao cole, fixeronnos unha presentación na que nos explicaban cales eran as súas costumes, os pratos típicos, os seus lugares e monumentos emblemáticos...
Así quedou.

martes, 29 de abril de 2014

E Leroucho é................

Por fín!!!!!!!!!! Aquí está Leroucho a nosa mascota!!!!!!!
Dámoslle a benvida ao noso cole, xa o iredes coñecendo pouco a pouco



Gracias DAISY  , de 2ºA, pola túa creación!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

sábado, 26 de abril de 2014

O moucho Leroucho

Xa sabemos que estades desexando saber cal é o Moucho Leroucho gañador pero............. sabedes que pasou? Que llo dixemos primeiro a él e díxonos que esperásemos un pouquiño, que era moi vergoñento e tiña primeiro que acostumarse a esto da fama. 
Pero non vos preocupedes que prontiño o coñeceredes!!!!!!!!!!!!!!!!

Polonia

Onte a profe Leticia contounos un montón de cousas de Polonia,un dos nosos compañeiros no Programa Comenius. Vimos cal era a súa moeda, os seus lugares mais coñecidos, a súa comida....Canto aprendimos!

venres, 25 de abril de 2014

Elefante comellón

Hoxe a profe Leti contounos cousas de Polonia e non tivemos actuacións dos peques....Asi que aquí vos deixamos o contiño que nos leu Xoán Carlos que seguro que vos apetece volver a escoitalo. Canto nos rimos con ese Elefante lambón.



mércores, 23 de abril de 2014

Hoxe tócalle a.....

Que día é hoxe? Méeeeeeeercores! Xa pensabades que non había nada de animación á lectura verdade? Pois aquí temos aos rapaces e rapazas de 6º cun conto de Mongolia ! Que pasará? Xa nos diredes si vos gustou!

Recomendacións para o Día do Libro

Hoxe non imos poñer ningún título, pensamos que non hai mellor recomendación de lectura que ver como os rapaces disfrutan cun libro na man. 
Mirade para aquí...

Por qué hoxe se celebra o Día do Libro?


venres, 18 de abril de 2014

un contiño para vacacións

Ola rapaces e rapazas! Seguro que o estades a pasar xenial en vacacións pero tamén botades de menos o contiño do venres!  
Aquí vos deixamos un que nos conta Xoán Carlos.
Esperamos que vos goste!




domingo, 13 de abril de 2014

Recital de poesía 3º ciclo E.P.

O alumnado do 3º ciclo adicou o seu recitado a Roald Dahl, deleitándonos con "El lobo bobo y Caperucita Roja", "Los tres cerditos" e "Poesía para los colegios". 
O remate deste recital non podía ser doutro xeito que lembrando a nosa poetisa máis popular, Rosalía de Castro. Un grupo de alumnos de 5º e 6º animáronse a cantar "Adiós ríos, adiós fontes", acompañados á guitarra do profe Juan Carlos. Parabéns!!




venres, 11 de abril de 2014

Recital de poesía 2º ciclo de E.P.

Aquí vos deixamos a actuación dos nenos e nenas de 3º A e 3º B, con música incluida!! 
Ademáis grazas a Catalin puidemos escoitar un fragmento dun poema rumano, traducido logo por Brian ao castelán. 
Para rematar o alumnado de 4º invitounos a soñar con Juanito Pierdedías e as súas doces aventuras.



Novidades de abril

Aquí están xa as vacacións e seguro que vos apetece ter un bo libriño a man. Animádevos coas novidades de Abril!












Esperámosvos na Biblioteca!

xoves, 10 de abril de 2014

Non todo vai ser ler...

Que vos parece o blogue? Ides familiarizándovos con el? 
Para os que comezades a visitalo, queremos lembrarvos que non todo vai de lectura...

Os fans de Gerónimo e Tea Stilton, Bat Pat ou Os Bolechas tamén teñen cabida no blogue, por iso ademáis das entradas que imos publicando coas vosas actuacións, lecturas, traballos, etc. tamén actualizamos os xogos que podedes atopar na parte dereita do blogue donde simplemente con facer un clic enriba da imaxe poderedes acceder a un montón de xogos e actividades como:
   

Recital poesía 1º ciclo E.P.

É o turno dos nenos e nenas de 1º e 2º, mirade que maneira de recitar!!


mércores, 9 de abril de 2014

Segue o suspense

Seguro que estades moi intrigados e queredes saber mais. 
Pois veña, outro pouquiño para hoxe. Aquí vos deixamos os outros 5 finalistas.




Quen será?

martes, 8 de abril de 2014

Recital de poesía

O pasado 2 de abril tivemos na biblioteca un recital de poesía como colofón aos traballos que fixemos sobre diversos autores procedentes dos países que forman parte do proxecto COMENIUS, no que participa o cole.
Aquí deixamos as actuacións dos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. Esperamos que vos guste.





En vindeiros días subiremos os vídeos de tódolos participantes, estade atentos xa que non vos defraudarán.


Que che pasou CAMILA?

Coñecedes o conto da cebra Camila?


  Pobriña  o vento bandido lle levou o vestido!!!!!!!!!!
Onte visitounos no Cole  e os nenos de 1ºCiclo escoitaron a súa historia , axudárona e xogaron con ela. 





E os finalistas son....

Como xa sabedes, o concurso para debuxar a LEROUCHO, a nosa mascota, remataba onte.
Seguro que tedes moita curiosidade por saber quen foi o gañador e como é a nosa mascota. 
Vades ter que esperar un pouquiño, se o dixesemos asi sen mais non tería gracia, hai que darlle un chisco de emoción e suspense asi que aquí vos deixamos 5 dos 10 finalistas.




OLLO!!!!!!!!!!!!!!! Será LEROUCHO  un deles???

sábado, 5 de abril de 2014

E si ledes....

Os rapaces e rapazas vanse animando coas recomendacións, aquí vos deixamos a de Silvana e Alicia.



Algún de vos xa leu este conto? Que vos pareceu? Contádenos! 

xoves, 3 de abril de 2014

Mirade como recitamos

Onte tivo lugar o recital de poesía e hai que felicitar aos rapaces e rapazas, que vos vamos dicir, AUTÉNTICOS PROFESIONAIS.
 Xa sabemos que tedes moitas ganas de ver as actuacións, pero mentres chegan, ímosvos poñer os dentes longos con estas fotos.

RECITAL POESÍA by Slidely Slideshow


Que vos parece?? Tedes ganas de mais? Contádenos!

Contacontos

Hoxe, na biblioteca do cole, tivemos unha actividade de contacontos para os pequenos de EI e os rapaces de 1º Ciclo.
Contáronnos dous contos de Kalandraka, "MAMÁ" e "BOAS NOITES BUFO" , foi moi divertido , cantamos, rímonos....Gustounos moito!
Deixámosvos unhas fotos do contacontos  e prontiño poremos tamén un anaquiño da actividade!
CONTACONTOS KALANDRAKA by Slidely Slideshow

Queredes saber?

O prometido é débeda! 
Aquí estamos de novo para contarvos  o porqué  de que o  2 de abril sexa o Día Internacional do Conto Infantil


mércores, 2 de abril de 2014

Para ler un pouquiño

Hoxe é o Día Internacional do Conto Infantil, e aquí vos deixamos as nosas recomendacións de lectura.



Por certo, algún de vos sabe a que é debido que se celebre xusto hoxe o Día do Conto Infantil??? 
NOOONNN? Pois abride ben os ollos e non vos despistedes que prontiño ven a súa historia.
 Mentres tanto......................A LER!!!!!!!

martes, 1 de abril de 2014

Programa do Recital de Poesía

Mañá as 12.30 terá lugar o noso recital de poesía " EUROPA ESCRIBE VERSOS",  aquí vos deixamos o programa. 


Parécevos interesante?? pois estade pendientes que prontiño o poderedes ver aquí !!!!!!!!!!!!!

O GATO LAMBÓN

A semana pasada a animación á lectura correu a cargo do alumnado de 5ºA. Escolleron o conto "O gato lambón" de Kalandraka, un gato insaciable que come todo o que se lle pon por diante, e fixérono así de ben...


Agardamos comentarios. Como vos vedes?
Non teredes algún gato lambón na casa??

Como vos vai con LEROUCHO???


Que tal vos vai debuxando a Leroucho? xa o tedes feito? 
Animádevos a participar no concurso para debuxar á mascota da biblioteca. Se dubidades... aínda tedes tempo, o plazo remata o 7 de abril!
SORTE!