C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

mércores, 1 de xuño de 2016

Xirafa e Crocodilo 4ºB

Xirafa e Crocodilo, un dos nosos contos preferidos representado e cantado polos rapaces e rapazas de 4ºB


venres, 27 de maio de 2016

3 Contiños EI3A

Os nosos pequeniños actuaron hoxe na Biblio e contaronnos 3 contiños!!!!!!
Fixérono super ben


venres, 20 de maio de 2016

Leroucheando por Africa

Esta semana Leroucho cambiou de continente, está en ÁFRICA, e dende alí manda unha nova postal



Xa sabedes hai que usar o AURASMA para poder lela                       

O caracol EI 4A

Hoxe os nosos peques de EI 4 fixeron a súa actuación, O caracol, diante de uns invitados de excepción, os alumnos da Escola Infantil de Pastoriza, A Galiña Azúl.

mércores, 4 de maio de 2016

Cando chove 5º

Este mércores tocoulle a rapazada de 5º facer a súa animación na Biblio.
Aquí tedes a súa actuación


mércores, 27 de abril de 2016

Don Quijote e 6º

E xa que nestos días tiñamos a Cervantes de aniversario que mellor que representar unha aventura de Don Quijote na animación á lectura!
Coma sempre os rapaces e rapazas de 6º fixérono super ben!


sábado, 23 de abril de 2016

Códigos QR "LEROUCHEANDO POLO MUNDO"

Como xa sabedes, este ano estamos traballando nun proxecto integrado que se chama " Leroucheando polo mundo".
Neste proxecto a nosa mascota, Leroucho, está de viaxe  e vai amosándonos distintas cousas dos continentes que visita: As características xeográficas , os  seus museos, as 7 maravillas do mundo, literatura, as casas tradicionais, a relixión, os instrumentos  e o teatro .
Preguntarédesvos como  o fai, pois mediante códigos QR que se foron poñendo nunha  exposición na Ludoteca.
Hoxe facémosvos unha pequena presentación da primeira parte deste proxecto.(Estade atentos pronto haberá máis cousiñas)


venres, 22 de abril de 2016

Padriños lectores II

E hoxe celebramos a 2º edición da actividade Padriños lectores.
Unha fermosa actividade ver a grandes e pequenos tan emocionados!
Aquí vos deixamos unhas fotos
Padriños Lectores by Slidely Slideshow

venres, 15 de abril de 2016

mércores, 13 de abril de 2016

luns, 11 de abril de 2016

Premios dende Bolonia

Pois xa o sabemos............Leroucho está en Europa!!!!!!!!!!!!!!!!!
Aquí tendes a postal que nos chegou o mércores da semana pasada. Visitando a feira de Bolonia, cos premios Andersen da literatura infantil e xuvenil


Sombras Chinesas

E aquí vos deixamos a última carta de Leroucho que nos chegou dende Asia.
Recordade, para lela precisades o AURASMA


A que continente marcharía agora? Estade atentos!

xoves, 7 de abril de 2016

Autores día Internacional do Libro

Onte publicamos as nosas lecturas do Día internacional do libro, e hoxe a explicación deste día e os autores premiados

mércores, 6 de abril de 2016

sábado, 2 de abril de 2016

Día internacional do libro infantil e xuvenil

E con motivo da celebración do día internacional do libro infantil e xuvenil, aquí vos deixamos unha selección de autores premiados neste día e que temos na Biblio.


Os 7 cabuxiños

Voltamos das vacacións con moitas ganas de máis actuacións. Os peques de EI 5A contáronnos o conto dos 7 cabuxiños!


mércores, 30 de marzo de 2016

Versionando a Carapuchiña

Hoxe @s nos@s compis de 4ºB fixeron unha versión superdivertida da Carapuchiña vermella.

Botádelle un ollo e xa nos diredes!

mércores, 16 de marzo de 2016

Leroucheando polo mundo

Leroucho sigue de viaxe por Asia e esta semana tamén tiñamos carta!
Os peques esperan moi ilusionados as súas noticias.
Queredes ler a postal? Xa sabedes, como vos contamos o outro día, co programa AURASMA. Descargádelo, seguides o canal e ao poñervos na foto xa vedes a postal!


Chuzos de punta

Chuzos de punta?? que pasaría neste conto que nos leron hoxe @s alumn@s de 5º?


venres, 11 de marzo de 2016

mércores, 9 de marzo de 2016

Leroucheando por Asia

Ola nen@s!!!!!!!!!!!!
Esta semana tivemos novamente carta de Leroucho. Escribiunos desde Asia, parece que está aprendendo un montón de cousas . Tamén nos mandou un paquetiño.
Queredes saber o que poñía a carta e o que traía o paquete? Pois é moi sinxelo. Tedes que descargar na vosa tablet ou teléfono un programa que se chama AURASMA , buscar o canal do cole, "sxobreiroaurasma" e ser seguidores. Logo poñedesvos enriba da foto e ................a LER!!!!!!!


sábado, 27 de febreiro de 2016

Unha sorpresa inesperada

Esta semana tivemos unha sorpresiña coa que non contabamos , ao chegar á BIBLIO para a nosa animación á lectura, tiñamos unha carta de Leroucho!





Aquí a deixamos para que lle botedes un olliño


Estade atentos que prometeu seguir escribindo

venres, 19 de febreiro de 2016

mércores, 17 de febreiro de 2016

venres, 5 de febreiro de 2016

Lendo Entroido

Unha recomendación para entroido... estos solo son algúns dos libros que temos sobre o tema, así que pasade pola Biblio!


venres, 29 de xaneiro de 2016

A familia de percusión EI3

O Bombo, o xilófono, as maracas.... que máis era??? Escoitade que o explicaron xenial os peques de EI 3


martes, 26 de xaneiro de 2016

Día da Paz

Xa está cerquiña o Día da Paz e dende o Equipo de Biblioteca querémosvos recomendar uns libros sobre o tema.



venres, 22 de xaneiro de 2016

Trabalinguas 4ºA

Uyyy non sei como estes rapaces poideron dicir estes trabalinguas tan ben.. a nos enganchábasenos a lingua

venres, 15 de xaneiro de 2016

xoves, 14 de xaneiro de 2016