C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

venres, 28 de febreiro de 2014

Decoración

 Así de bonitos deixaron os rapaces os pasillos do colexio...





E que  dicides das máscaras que fixeron no 1º CICLO??
                                                                                                                                          

xoves, 27 de febreiro de 2014

Os nenos e os Mandadiños do Xoves

E rematamos os mandadiños cos rapaces e rapazas do 2º Ciclo




Máis recursos para o Entroido


Aquí vos deixamos un enlace ao Recanto de Mik, no que podedes seguir a traballar coa temática que nos ocupa estes días, o Entroido. Esperamos que vos gusten os materiais!
Grazas ao Recanto de Mik por facer esta recompilación e compartila!
https://sites.google.com/site/bibliocole/entroido-recursoseducativos

Fichas lectura

Como xa víchedes coa Guía de Usuarios , este trimestre estivemos traballando para que os nenos se movesen con comodidade pola biblioteca. Estas foron as fichas coas que nos axudamos

Guía de lectura

Aquí vos deixamos a guía de usuarios coa que estamos traballando no cole. Esperamos que con ela, os rapaces e rapazas se movan pola Biblioteca con total confianza .


sábado, 22 de febreiro de 2014

Vídeos

Deixámosvos mais recomendacións
Andrea , Arrieta e Andrea





Decoración Paz

Para o Día da Paz os nenos traballaron moito. Fixeron murais referentes a Nelson Mandela, Rigoberta Menchú, Gandhi e Martin Luther King e ademais decoraron os pasillos do colexio e as súas clases.

Decoración Nadal

Mirade que bonito deixaron os peques o colexio en Nadal!



Decoración Samaín

As clases quedaron de medo!!




venres, 21 de febreiro de 2014

Videos Libros


O equipo de dinamización lingüística propúxolles aos alumnos que fixesen recomendacións dos libros que  lesen en galego e asi o están a facer.
   Aquí vos deixamos as recomendacións de Toño e Lucía






Animádevos a participar.!!Xa sabedes como vai, buscades á profe Lucía e ela grava a vosa recomendación, logo podedes vela nos ordenadores da Biblioteca e aquí no Blog.

Mandadiños do Meco para Lúns



Chega o entroido ao cole!!!!!!!
Empezamos a festa  cos mandadiños do Meco que este ano nos trae o Moucho Leroucho.
O luns.... todos con zapatos diferentes!!!!!!!
Queredes saber  que nos mandará para o martes? Estade pendentes!




xoves, 20 de febreiro de 2014

Voz Natura

Gústavos o tema deste ano de VOZ Natura?Pois aquí vos deixamos algún libro sobre o tema que temos na Biblioteca!

Mural 2º Ciclo

Aquí temos outro mural de Voz Natura, este o fixeron os rapaces de 3º de EP




Novidades

Aquí vos deixamos algunhas novidades da Biblioteca, botádelles unha ollada e xa nos contaredes se vos gustan.      




Traballos Comenius

Gustaríanos que vísedes que muráis tan chulos fixeron os rapaces para o programa Comenius.
Traballaron moito!
Buscaron información sobre os países participantes e despois … a escribir, colorear e pintar.



GÚSTAVOS O RESULTADO?? 











Rincón Comenius



Acordádesvos da maleta do Comenius que temos na Biblioteca? Pois mirade cantas cousas ten xa!!!



Estamos desexando que a profe Leticia nos conte mais cousas dos países!!!



Colaboradores




Os alumnos de 5º e 6º axudan na biblioteca.
Eles son os que se encargan de facer os empréstitos e as devolucións , de colocar nos andéis os libros que se devolven, de repartir polas aulas os libros que os seus compañeiros levan para casa e tamén de axudar con calquera dúbida que teñan sobre como colocar os libros ou onde atopar algún.
Gracias polo seu gran traballo!