Ola!
Ultimamente seguro que botáchedes en falta fotos das celebracións que facemos no cole, como por exemplo as do Día da Paz. Non nos olvidamos de vos, o que pasa é que dende agora estas cousiñas imos a publicalas na nova páxina web do colexio.
Ademais das fotos das celebracións, poderedes ver o que fan os nenos en cada curso, as novas relacionadas cos períodos de matrículas, convocatorias de eleccións para o consello escolar.... En definitiva procuraremos mantervos informados de todo o que pasa no colexio.
Peeeeeeero ... Non nos olvidedes! En Biblioleroucho tamén imos a seguir traballando para vos!
(pinchade na imaxe)
Esperamos que vos guste e vos sexa útil