C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

mércores, 27 de abril de 2016

Don Quijote e 6º

E xa que nestos días tiñamos a Cervantes de aniversario que mellor que representar unha aventura de Don Quijote na animación á lectura!
Coma sempre os rapaces e rapazas de 6º fixérono super ben!


sábado, 23 de abril de 2016

Códigos QR "LEROUCHEANDO POLO MUNDO"

Como xa sabedes, este ano estamos traballando nun proxecto integrado que se chama " Leroucheando polo mundo".
Neste proxecto a nosa mascota, Leroucho, está de viaxe  e vai amosándonos distintas cousas dos continentes que visita: As características xeográficas , os  seus museos, as 7 maravillas do mundo, literatura, as casas tradicionais, a relixión, os instrumentos  e o teatro .
Preguntarédesvos como  o fai, pois mediante códigos QR que se foron poñendo nunha  exposición na Ludoteca.
Hoxe facémosvos unha pequena presentación da primeira parte deste proxecto.(Estade atentos pronto haberá máis cousiñas)


venres, 22 de abril de 2016

Padriños lectores II

E hoxe celebramos a 2º edición da actividade Padriños lectores.
Unha fermosa actividade ver a grandes e pequenos tan emocionados!
Aquí vos deixamos unhas fotos
Padriños Lectores by Slidely Slideshow

venres, 15 de abril de 2016

mércores, 13 de abril de 2016

luns, 11 de abril de 2016

Premios dende Bolonia

Pois xa o sabemos............Leroucho está en Europa!!!!!!!!!!!!!!!!!
Aquí tendes a postal que nos chegou o mércores da semana pasada. Visitando a feira de Bolonia, cos premios Andersen da literatura infantil e xuvenil


Sombras Chinesas

E aquí vos deixamos a última carta de Leroucho que nos chegou dende Asia.
Recordade, para lela precisades o AURASMA


A que continente marcharía agora? Estade atentos!

xoves, 7 de abril de 2016

Autores día Internacional do Libro

Onte publicamos as nosas lecturas do Día internacional do libro, e hoxe a explicación deste día e os autores premiados

mércores, 6 de abril de 2016

sábado, 2 de abril de 2016

Día internacional do libro infantil e xuvenil

E con motivo da celebración do día internacional do libro infantil e xuvenil, aquí vos deixamos unha selección de autores premiados neste día e que temos na Biblio.


Os 7 cabuxiños

Voltamos das vacacións con moitas ganas de máis actuacións. Os peques de EI 5A contáronnos o conto dos 7 cabuxiños!