C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

sábado, 21 de xuño de 2014

Actuación Fin de curso

Aquí vos deixamos a actuación dos nosos rapaces e rapazas de 6º co profe Xoán Carlos. 
Como podedes ver encárganse de representar o mellor que nos levamos deste Comenius, AMIGOS.



venres, 20 de xuño de 2014

Exposición COMENIUS

Como xa sabedes o noso colexio participou  durante dous anos no Programa Comenius. Co remate deste curso  remata tamén a nosa participación e quixemos facer unha exposición para que puidesedes ver todo o que estivemos a traballar!
Temos que agradecer a participación de todos os pais e nais que viñechedes  a vela cos  peques!




EXPOSICIÓN FINAL COMENIUS by Slidely Slideshow


xoves, 19 de xuño de 2014

Presentación Italia

A nosa última visita foi a Italia, a cidade de Monopoli e con ela cerramos a nosa participación, polo de agora, no Programa COMENIUS.
Seguro que vos apetece aprender un pouquiño sobre eles!
Aquí vos deixamos a presentación que nos preparou a profe Leticia.

martes, 17 de xuño de 2014

O noso paso polo COMENIUS

E aquí vos deixamos un pequeno resumo en fotos do noso paso polo Programa Comenius.   


Young Europe Photo Album

COMENIUS e a Sección bilingüe

Como xa sabedes, no noso colexio en 1º de EP a clase de plástica a da a profe Leticia, en inglés. Son as chamadas seccións bilingües, nas que tamén participamos.
Esta é unha pequena mostra de todo o que fixeron! 
MANUALIDADES COMENIUS by Slidely Slideshow
Que vos parece, gustouvos??

sábado, 14 de xuño de 2014

Tic Tac

Que día é ??? Venres! Claro, hoxe tamén temos un contiño de Xoán Carlos.
Aquí vos deixamos TIC TAC. 
Que faríades vos se fósedes encontrando segundos?


venres, 13 de xuño de 2014

2ºA y La noche estrellada

Continuando coa súa viaxe polo mundo da arte, os rapaces de 2ºA  recitaron hoxe na biblioteca unha poesía do libro Gori Gori sobre o cuadro co que estiveron traballando. "LA NOCHE ESTRELLADA" de Van Gogh.


venres, 6 de xuño de 2014

Un contiño para o venres

Contounos o noso LEROUCHO que vos gusta moito que poñamos no blogue os contiños que nos lee Xoán Carlos os venres na Biblioteca, así que aquí vos traemos o de hoxe, Nina buena Nina mala, unha nena moi boa que de súpeto quixo ser mala. Que fará?

VAN GOGH e 2ºB

Os rapaces de 2º, estiveron a traballar a diversos autores neste curso.Comenzaron con Torres García e Miró, xa víchedes a súa exposición, e agora están con Van Gogh.
Hoxe a animación á lectura de Biblio, tocoulles aos rapaces de 2ºB, que nos recitaron un poema do libro GORI GORI sobre un dos cuadros que traballaron, "La habitación de Arles".

Continuando co Festival

Prontiño prontiño..........
 Aqui veñen as actuacións do 2º e o 3º CICLO.


xoves, 5 de xuño de 2014

Festival Letras Galegas

Aínda que con un pouco de retraso o prometido é debeda así que aquí está o Festival do Día das Letras Galegas.
Comezamos con EI e o 1º CICLO


Esperamos que a espera pagase a pena!
Estade atentos,  prontiño poremos o resto!

mércores, 4 de xuño de 2014

O Sixto 2014

Despois de moito traballar por fin temos aquí a nosa revista deste ano en formato dixital!!
Para vela mellor tedes que premer no cadrado e logo darlle á lupa para ampliar ao pasar as páxinas.



Grazas a tod@s os que contribuíron a que esto fora posible coa súa ilusión e esforzo.

Boa lectura!!