C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

venres, 18 de decembro de 2015

venres, 4 de decembro de 2015

Amigos. EI 5B

Hoxe os peques de EI 5B , derónnos unha fermosa lección, representando unha obra na que nos explicaron o que eran os AMIGOS.

Seguro que igual que nos pasou a todos nós  vos encanta!


venres, 20 de novembro de 2015

Mochila Viaxeira

Nestes días novamente arrincamos coa mochila viaxeira. Xa sabedes que funciona coma un préstamo bibliotecario dunha semana e que levades unha libreta na que facer un debuxo, unha manualidade, unha redacción.... sobre o libro que máis vos gustou.
Queremos darvos as gracias a todos pola vosa participación, estades facendo cousas moi chulas!!!!!
Unha fotiño dos primeiros "mochileros"


Hoxe os peques de infantil de 5 Anos A , cantáronnos unha canción que aprenderon coa mascota da
súa clase

xoves, 19 de novembro de 2015

Civilizacións antigas

Que vos parece ler sobre civilizacións antigas?? 


Rincón de lectura

Hoxe traémosvos unha foto nova da Biblio. 
Presentámosvos o noso rinconciño de ler! 


Sentádevos e disfrutade dun bo libro!

mércores, 18 de novembro de 2015

venres, 13 de novembro de 2015

O abecedario 1ºA

Co A, co B, co C................. que fixeron os rapaces de 1º con tantas letras? Unha sopa de letras!

mércores, 11 de novembro de 2015

Curiosidades 4ºA

Buenoooooooooooo, hoxe na biblioteca aprendimos un montón de cousas que non sabíamos, e quedamos todos pensando...Que curioso!
A ver que vos parece !


O corpo humano

Outro tema interesante sobre o que aprender. Pasade pola Biblio e pedídenos estos libros.


luns, 9 de novembro de 2015

O universo

Por aquí seguimos coas nosas recomendacións de lectura. Desta vez tócalle a un tema que sabemos que vos gusta moito, O Universo.


xoves, 5 de novembro de 2015

mércores, 4 de novembro de 2015

Lemos ARTE

Interésavos o ARTE?? pasade pola Biblio que temos uns libros que seguro que vos gustan


Un buen rato con cada plato 4ºB

Hoxe tocoulles o turno aos nosos rapaces de 4ºB , fixérono xenial!



Temos auténticos artistas no cole, non vos parece??

martes, 27 de outubro de 2015

Ven ler en Samaín

Gústanvos os contos de bruxas e pantasmas? O equipo de Biblioteca preparou para vos unhas historias terroríficas!
Esperamos que as leades e pasedes moooooooooooito medo!!


venres, 23 de outubro de 2015

A pantasma con asma de 2ºA

Que vos parece  eso de que unha pantasma teña asma???? Botádelle un ollo ao contiño que nos recitaron os rapaces de 2ºA

mércores, 21 de outubro de 2015

venres, 9 de outubro de 2015

A troita 2ºB

Aquí estamos de novo! Seguro que xa nos botabades en falta.
Hoxe traemos a actuación de 2ºB , que son os encargados de inaugurar as actuacións deste curso.
Coma sempre, esperamos que vos guste!


mércores, 10 de xuño de 2015

Querido hijo....

Imaxinádesvos que un día mamá se enfada e vos despide?? Pois foi o que lle pasou ao neno da obra que representaron os rapaces e rapazas de 5º.


martes, 2 de xuño de 2015

venres, 15 de maio de 2015

mércores, 29 de abril de 2015

O Comic

Ola a todos!!!!!!!!!!! Mirade que COMICS tan chulos fixeron na clase de 2ºB!

Banda deseñada 2ºB



Gustáronvos? Pasade pola Biblio que tedes unha morea de Comics para sacar ideiñas e facer o voso!

martes, 28 de abril de 2015

Apadriñando Lectores

Hoxe levamos a cabo no colexio unha actividade que tiñamos preparada para o día do libro e que tivemos que aplazar polo tempo.
Os alumn@s de 6º, 5º e 4º escolleron un conto e léronllo a alumnos dos cursos inferiores, foron os seus Padriños Lectores.
Foi unha bonita actividade que todos disfrutamos moito.


Padrinos Lectores by Slidely Slideshow

venres, 24 de abril de 2015

domingo, 19 de abril de 2015

2ºA e Os Planetas

Os rapaces de 2º A estiveron traballando os planetas e quixeronnos axudar a aprender un pouquiño sobre eles cantándonos esta canción.
Gustounos moito e esperamos que a vos tamén!



venres, 27 de marzo de 2015

1º e Gianni Rodari

Hoxe na animación á lectura , os peques de 1º recitáronnos unha poesía de Gianni Rodari. Quedoulles xenial!

mércores, 25 de marzo de 2015

Recitando

Hoxe os nosos artistas de 4º fixéronnos un recitado moi chulo de cantigas, poesías tradicionais!

venres, 13 de marzo de 2015

A que non sabes?

Como me gustan estes rapaces, que non se olvidan do máis importante da biblio...EU...jijiji!

Que será?

Na biblioteca hai moitos, pero moitos, moitos...

Adiviña........

Si, si, isto ten moito que ver coa temática desta semana...

Que é?

Neste caso Maimouna e Aarón infórmannos de algo que se atopa na nosa biblio...

Que será será?

Seguimos cos nenos de 2ºB... esta vez fálannos dun lugar. Adiviñades cal é?

Adiviña que é


Ola amigos, deixámosvos adiviñas que fixeron hoxe os nenos e nenas de 2ºB. Todas teñen relación coa biblioteca. Seguro que as adiviñades!

mércores, 11 de marzo de 2015

Querido hijo....

Hoxe na biblio tocoulles aos nosos artistas de 5º. Traían unha obra que prometía "Querido hijo estás despedido"  e coma sempre... non defraudaron.


martes, 10 de marzo de 2015

Aprendemos....O XORNAL



                     
Estes días celebramos a SEMANA DA PRENSA na escola. 
Aquí vos deixamos un par de enlaces para que aprendades un pouquiño máis sobre o tema.





luns, 9 de marzo de 2015

Adopta unha árbore

Este ano en colaboración co EDLG e continuando co proxecto do curso anterior
  "COÑECENDO ÁS ARBORES QUE NOS RODEAN" estamos a elaborar un libro informativo sobre as distintas árbores.
A continuación propoñémosvos estos enlaces para que poidades obter mais información tanto sobre as árbores en xeral coma das nosas adopcións.(pinchade na imaxe)



Leroucho, a obra!

Ola outra vez rapaces e rapazas! Como vos prometín sigo poñendo cousiñas sobre a miña vida no cole.
Esta vez traiovos unha obriña que fixeron os rapaces de 4º.
 A min encantoume !!!!!!!!!!!!!

Novidades Marzo

Ola!!!!!!
Aquí están as novidades do mes de Marzo!
Animádevos a vir pola Biblio que seguro que vos gustan.


sábado, 7 de marzo de 2015

A VACA LEITEIRA

Mirade que vacas tan feitiñas  os peques de EI 3 ANOS!!!!!!



Son para comelos!!!!!non vos parece??

venres, 6 de marzo de 2015

Así son EU

Encantoume como me describiron os rapaces e rapazas de 4º!!!!!!!!!!!!!!

A MIÑA ORIXE

Ola a tod@s!
Como vos prometín, vouvos  contar a miña historia
Que vos pareceu? Gustouvos?
 Canta imaxinación tiveron os nenos e nenas de 4º.
Prontiño veredes máis cousiñas que fixeron, a miña descripción , unha obra de teatro super chula contando as miñas aventuras na Biblio!...

mércores, 4 de marzo de 2015

Cando papá era pequeno...

Os rapaces de 6ºA contáronnos que pasaba cando papá era pequeno e había.................... Dinosaurios.

domingo, 1 de marzo de 2015

sábado, 28 de febreiro de 2015

O inverno

Aínda que con un pouco de retraso aquí vos deixo a actuación dos peques de EI 4A.
Moi acorde co tempo...Que frío!!!!!!!!!!


martes, 24 de febreiro de 2015

Rosalía de Castro




Hoxe como todos sabedes é o 178 aniversario do nacemento da nosa gran autora Rosalía de Castro.
Dende o equipo de Biblioteca queremos que pasedes un bo ratiño coñecendoa e coñecendo a súa obra e para iso deixámosvos aquí uns enlaces que seguro que vos gustan!

                           Biografía de Rosalía

                           Xogamos con Rosalía

Se vos apetece, na Biblio temos os seus libros.

Novidades Febreiro

Ola de novo!  
Dende a Biblio non queremos que vos aburrades de ler sempre os mesmos contos así que aquí vos traemos as novidades de febreiro. Pasade a botarlles un ollo!


xoves, 19 de febreiro de 2015

venres, 13 de febreiro de 2015

Mochila Viaxeira


Este mes comezamos coa mochila viaxeira. O obxectivo é fomentar o hábito de letura en toda a familia e que este sexa un motivo de achegamento entre os seus membros.
A maleta funciona coma un préstamo bibliotecario de unha semana. Cada venres un alumno/a da clase levaraa a casa e traeraa o seguinte venres.
Gustarianos que antes de devolver a mochila contribuades a elaborar un diario con calquera aportación: debuxo do que máis vos gustou, fotos, manualidades ou calquera cousa que se vos ocorra.
Moitas grazas a todos!!! Disfrutade coas mochilas!!

Gato Guille

Xa facía un tempiño que tiñámos este recanto un pouco abandonado.
 Hoxe toca un contiño que aínda que non o conta Xoán Carlos si que o leu na Biblio.
Esperamos que vos guste !

                                

martes, 10 de febreiro de 2015

Nova páxina web do colexio

Ola!
Ultimamente seguro que botáchedes en falta fotos das celebracións que facemos no cole, como por exemplo as do Día da Paz. Non nos olvidamos de vos, o que pasa é que dende agora estas cousiñas imos a publicalas na nova páxina web do colexio.
Ademais das fotos das celebracións, poderedes ver o que fan os nenos en cada curso, as novas relacionadas cos períodos de matrículas, convocatorias de eleccións para o consello escolar.... En definitiva procuraremos mantervos informados de todo o que pasa no colexio.
Peeeeeeero ... Non nos olvidedes! En Biblioleroucho tamén imos a seguir traballando para vos!



 Web do Colexio
                                             (pinchade na imaxe)

Esperamos que vos guste e vos sexa útil

xoves, 29 de xaneiro de 2015

Nadal EI 5A

Tedes que perdoar a tardanza, tivemos uns pequenos problemas co video desta actuación  pero por fin aquí a tedes!
Esperamos que vos guste


Día da Paz 2015

Xa sabedes que mañán é o Día da Paz e dende a Biblioteca queremos deixarvos uns cantos libros para ler. Esta é unha pequena mostra, pasade por aquí que temos moitos mais.



mércores, 28 de xaneiro de 2015

Un montón de abrazos

Vos sabiades que había unha morea de maneiras de abrazar? si? Nos non, contárono hoxe os rapaces e rapazas de 3ºB.


venres, 23 de xaneiro de 2015

A Comellona letra P

Vos sabiades que a letra P é unha larpeira??? Non??Nos tampouco, pero hoxe o cantaron os peques da clase de EI 5.



Que ritmo teñen estes rapaces!

xoves, 22 de xaneiro de 2015

Novidades xaneiro

Ola rapaces e rapazas! Este mes temos un montón de libros novos! Pasade pola Biblioteca e nos contades que vos parecen!


mércores, 21 de xaneiro de 2015

Chocolata

Chocolata é unha elefanta viaxeira e un día foi................. queredes saber onde?, contárono hoxe os rapaces e rapazas de 4º. Miráde:

martes, 20 de xaneiro de 2015

Calendario 2015

Ola !!!!!!!!!!!!!
Que tal levades este comenzo de ano? 
Hoxe traiovos o calendario que fixeron este ano os rapaces. Este curso fixérono, en honor a min, sobre paxaros. Xa sabedes que eu teño un pouco de paxaro tamén. Non o sabiades??????????? Pois prontiño vos cotarei a miña historia e mentres... aquí vos deixo o calendario do 2015.

venres, 16 de xaneiro de 2015

La paloma Maripaz

Os rapaces de 2ºA anímannos a dialogar e levarnos ben co poema La paloma Maripaz
Quedoulles xenial. Neste cole moitos artistas temos!


Nadal 2ºB

Os rapaces e rapazas de 2ºB emocionarónnos con esta fermosa canción


Nadal 2ºA

Os nenos e nenas de 2ºA, cantáronnos una fermosa panxoliña acompañados por Xoán Carlos


Nadal 1º

Os nenos e nenas de 1º recitáronnos esta poesía de Nadal!!!!


 

xoves, 15 de xaneiro de 2015

Nadal EI 4B

Seguimos co festival...
Os peques de EI 4B tamén o fixeron xenial! Estes peques de infantil están feitos uns artistas

 

NADAL EI 4A

E aquí temos aos pequeniños da clase de EI 4A.


Non vos parece que están para comelos?

Nadal EI 3A

Por fin, aquí tedes os videos das actuacións do festival de Nadal, aínda que con un pouco de retraso. Esperamos que vos gusten!
 Empezamos cos peques de 3 anos que o fixeron super ben.

mércores, 14 de xaneiro de 2015

Frederick

Despois das vacacións de Nadal, voltamos coa animación á lectura.
Hoxe tocoulles o turno aos rapaces de 5º que fixeron esta adaptación do conto Frederick.
Quedoulles xenial!!!!!!!!