C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

luns, 5 de maio de 2014

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS

Xosé María Díaz Castro (1914-1990) forma parte da chamada “escola mindoniense” xunto con escritores como Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesias Alvariño..., mantendo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a nosa cultura. É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.

A continuación deixámosvos un enlace á Secretaría Xeral de Política Lingüística, donde poderedes aprender e ler máis sobre este escritor ao que se adican as letras 2014.

Os que preferides aprender a través do xogo podedes facelo nos seguintes LIM elaborados polo CEIP Mallón
LIM Infantil
LIM 1º ciclo Primaria
LIM 2º ciclo Primaria

E xa para rematar queremos compartir con vós unha fermosa canción feita polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro, adicada ao escritor. Esperamos que vos guste!


Ningún comentario:

Publicar un comentario