C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO

C.E.I.P. SAN XOSÉ OBREIRO. MEICENDE

mércores, 14 de maio de 2014

Saída Fraga de Sisalde 3º

A Fraga de Sisalde, situada na parroquia de Barrañán, é unha das últimos testemuñas que posúe o Concello de Arteixo da Galicia de antano. Nunha superficie aproximada de 10 hectáreas proliferan os ameneiros e os salgueiros á beira do río que a percorre -Río Sisalde- e tamén os castaños e carballos. En canto á fauna podemos salientar a lontra e a escrebenta das canaveiras, especie catalogada en "Perigo de extinción".
A beira do Río Sisalde restauráronse recentemente dous muíños dos moitos que predominaban pola zona. Os muíños representan un alto valor cultural e patrimonial e dignifican a simbiose que antano tiñan o ser humano e o medio natural, sendo un rexistro dos pasos que deron os nosos devanceiros para substituíren o esforzo humano e animal como fonte de enerxía por outras alternativas.

Esta mañá os nenos e nenas de 3ºA e 3º B fixeron unha saída didáctica e, coa axuda dun guía, aprenderon un pouquiño máis sobre este fermoso entorno. A verdade é que o tempo acompañou e todos desfrutaron moito...

Ningún comentario:

Publicar un comentario